‘Made in Galiza’ reivindica a importancia da lingua galega en Santiago

15 Mai 2024 | Cultura, Lecer

A obra ‘Made in Galiza’ sube ao escenario do Teatro Principal cunha reivindicación a prol da lingua galega, os días 16 e 17 de maio, polo Día das Letras Galegas. A montaxe de Sarabela Teatro adapta a obra homónima de Séchu Sende , gañadora do Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano da Asociación Galega de Editores (AEG).

Esta representación teatral, cuxo texto asinan Fina Calleja e Fernando Dacosta , aborda temas vinculados á sociolingüística desde un enfoque cómico e crítico que utiliza o humor para convidar á reflexión. Calleja tamén dirixe a obra, protagonizada por Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Josito Porto.

‘Made in Galiza’ chega a Compostela con dúas actuacións. A primeira será o xoves 16 de maio ás 20:30 horas e seguirá un coloquio co equipo. A segunda oportunidade coincidirá co Día das Letras Galegas, o venres 17 de maio ás 20:30 h.

As entradas pódense mercar na web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C e no Teatro Principal.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Gif Amo Compostela
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.