Compostela acolle os horarios estivais do transporte urbano

15 Xuñ 2023 | sen categorizar

Coa chegada da estación máis calorosa do ano, as liñas de transporte urbano de Santiago de Compostela axustarán os seus horarios para adaptarse ao verán .

Durante esta tempada aplicaranse as rebaixas habituais ás que están afeitos os habitantes da cidade . Así mesmo, realizaranse reforzos nos servizos das liñas 6 e 6A (aeroporto) os sábados, domingos e festivos , co obxectivo de atender a demanda dos usuarios neses días de descanso.

Para axudar aos peóns, os folletos impresos e a sinalización das paradas dos autobuses urbanos reflectirán estes cambios , para que todos os cidadáns e visitantes poidan atopar horarios actualizados e planificar o seu transporte.

Podes consultar máis información a través desta ligazón .

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Gif Amo Compostela
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.