As estatuas do Pórtico da Gloria que tiñan os Franco regresan a Santiago

5 Dec 2025 | sen categorizar

Santiago de Compostela celebra o regreso das estatuas do Pórtico da Gloria, que volven a casa tras máis de setenta anos. Trátase das figuras dos profetas Abraham e Isaac, atribuídas ao Mestre Mateo, creador deste emblemático espazo da Catedral de Santiago no que estiveron expostas ata 1954. Naquel entón, Carmen Polo, a muller do ditador Francisco Franco, decidiu levarllas á que era a súa residencia de verán no pazo de Meirás en Sada (A Coruña).

Traslado e exposición ao público

O traslado realizouse este luns en caixas especialmente fabricadas para a ocasión e baixo a supervisión de técnicos de Patrimonio, que inspeccionaron estas dúas pezas de granito medieval. Agora, o público poderá admiralas no Museo do Pobo Galego desde o próximo 11 de decembro ata maio, mentres se decide a súa localización definitiva coa valoración de expertos e historiadores. Nos próximos meses, a programación do Museo estará especialmente vinculada coa memoria historia para conmemorar este logro patrimonial e sociocultural.

Patrimonio recuperado e legado para Galicia

É a primeira vez que a familia Franco vese obrigada a devolver uns bens incautados. O regreso foi posible grazas a unha sentenza do Tribunal Supremo que recoñece que as estatuas son propiedade do Concello de Santiago. Nela recoñécense os pasos previos que deran tanto o Concello como a Xunta de Galicia, que as declarou Ben de Interese Cultural (BIC), fortalecendo a súa condición de patrimonio público e apoiando institucionalmente a reclamación.

O consistorio adquiríraas en 1948 por 60.000 pesetas, pero seis anos máis tarde, con motivo da visita do xefe de Estado, o entón alcalde en funcións, Enrique Otero Aenlle, enviounas ao Pazo de Meirás para compracer á esposa do ditador.

O regreso de Abraham e Isaac abre tamén a porta a que outros bens galegos poidan seguir leste mesmo camiño, como a Casa Cornide na Coruña ou as pilas bautismales de Moraime.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Gif Amo Compostela
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.