A orquestra Panorama animará Compostela durante as Festas da Ascensión

25 Abr 2024 | Cultura, Lecer

A falta de dúas semanas para que comecen as Festas da Ascensión de Santiago , que se celebrarán do 8 ao 12 de maio , desvelouse a primeira confirmación: a orquestra Panorama .

Así o desvelou a formación de Caldas de Reis dende as súas redes sociais , ao publicar as súas próximas datas para o mes de maio. O grupo actuará na Praza do Obradoiro o 8 de maio , dando o pistoletazo de saída ás festas compostelás.

A orquestra Panorama está considerada unha das mellores de Galicia e é coñecida en toda España. Chegará á capital para presentar a súa xira, o ‘ IA Tour ‘, un espectáculo protagonizado pola intelixencia artificial que combina música e danza con efectos audiovisuais. O espectáculo levará ao escenario a máis de 20 artistas, que interpretarán diversos temas musicais coñecidos.

Deste xeito, todos os que se acheguen a celebrar as Festas da Ascensión poderán gozar do espectáculo deste afamado grupo que conquistou ao público nacional.

O Concello de Santiago , pola súa banda, aínda non fixo ningún anuncio sobre o cartel das festas deste ano , polo que estaremos pendentes de coñecer que outros grupos e artistas acompañarán á orquestra Panorama durante a semana grande de Compostela.

0 comentarios

Enviar comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Gif Amo Compostela