A carreira Holi Gaiás volve a Santiago para celebrar o deporte con moitas cores

2 Mai 2024 | Cultura, Lecer

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acollerá un ano máis a carreira Holi Gaiás , que chega á súa sexta edición. O evento terá lugar o sábado 8 de xuño, cun circuíto pensado para todos os públicos.

Como en anos anteriores, este circuíto volverá cos seus tradicionais polvos de cores e moita música, baile e entretemento . O obxectivo deste evento deportivo é que os seus participantes poidan gozar do deporte con amigos ou familiares.

Este ano chega cunha novidade, o Peque Holi , unha carreira dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 9 anos cun percorrido de 700 metros para que ata os máis pequenos se divirtan.

Holi Gaiás ten unha extensión de 5 quilómetros e a súa saída será ás 12 horas . La Peque Holi, pola súa banda, comezará ás 11.30 horas.

Se queres participar neste evento podes inscribirte a través da web de Carreiras Galegas por 5 euros o dorsal, 3 para o Peque Holi.

O prazo de inscrición rematará o 5 de xuño e poderás recoller o teu dorsal o 7 de xuño e o mesmo día da carreira ata as 11.00 horas para os nenos e as 11.30 para os adultos.

A carreira está organizada pola Xunta de Galicia a través da Cidade da Cultura e está dirixida a persoas federadas e non federadas.

0 comentarios

Enviar comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Gif Amo Compostela