‘Sabor a novo’ chega para celebrar a artesanía e o comercio galego

13 Xuñ 2024 | Cultura, Gastronomía, Lecer

Máis de cincuenta marcas galegas de moda, xoiería, cestaría, decoración, cerámica e mesmo alimentación participarán este domingo en ‘Sabor a novo’, un evento que pretende poñer en valor a artesanía e o comercio local. Terá lugar no Pazo de San Lourenzo e contará con música, obradoiros e unha gran oferta gastronómica para todos os gustos.

Sabor a novo, organizado pola directora de Correveydile, Mónica Mejías, comezará ás 12 horas e porá o broche de ouro a unha fin de semana de protagonismo do comercio local grazas a Prima 24, que se celebrará o venres e o sábado.

No evento participarán máis de cincuenta marcas galegas que mostrarán e venderán as súas coleccións de moda, xoiería, bixutería, cerámica, cestaría, decoración e produtos alimenticios. Os visitantes poderán descubrir novas coleccións de obradoiros co selo de Artesanía de Galicia, así como novos produtores, creadores e artistas galegos.

Ademais, nos xardíns do Pazo de San Lourenzo haberá moitas actividades complementarias, como concertos, sesións de DJ, obradoiros de creación artesanal e unha grande oferta gastronómica. A entrada será gratuíta e haberá servizo de gardería para os máis pequenos.

Sabor a novo tamén será unha oportunidade única para coñecer o Pazo de San Lourenzo, un espazo privado incluído no Patrimonio Artístico Nacional. As actividades da feira desenvolveranse tanto nos xardíns como no claustro e nas distintas salas do edificio.

0 comentarios

Enviar comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Gif Amo Compostela
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.