O festival O Fechiño celebra a cultura e a comunidade local

11 Xul 2024 | Cultura

A parroquia de San Xoán de Fecha, en Santiago de Compostela, prepárase para acoller o vindeiro sábado 13 de xullo a terceira edición do Festival Rupestre e de Proximidade O Fechiño. Este evento, organizado por aCentral Folque, promete ser unha xornada chea de actividades culturais e sostibles que permitan gozar en familia mentres conectan coa comunidade local e co patrimonio rupestre da zona.

O festival comezará ás 10:30 horas cun roteiro rupestre sonoro guiado polo Clube Espeleolóxico Maúxo, que levará aos participantes a percorrer varias estacións líticas da comarca. Ao mediodía, ás 14:30 horas, celebrarase unha comida popular en Lamascal, onde se instalará unha carpa para que os asistentes poidan gozar da súa comida en paz. Durante a comida posterior farase entrega do ‘Fechiño de honra’ a Francisco Miramontes Sánchez en recoñecemento á súa traxectoria e implicación na parroquia.

Pola tarde, ás 17 horas, o dúo Aldaolado presentará o seu espectáculo ‘O Benquerer(se)‘, seguido ás 18:30 horas de Carme Campo, que ofrecerá o seu ‘Baile Assalto‘ para animar aos presentes a bailar muiñeiras e iotas.

Ademais, organizaranse dous roteiros adicionais para os que será necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico a ofechinho@folque.com. O primeiro, ‘Paisaxes que falan‘, terá lugar ás 17 horas e estará guiado por David Fontán e Lucía Santiago. O Colectivo A Rula encargarase do segundo, ‘Roteiro Rupestre‘, ás 18:30 horas.

O peche desta xornada estará marcado polos concertos de Caamaño & Ameixeiras, que subirán ao escenario ás 21 horas, e Os d’Abaixo, ás 22:30 horas.

0 comentarios

Enviar comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Gif Amo Compostela
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.