As Xornadas de Música Contemporánea cheganh a Compostela do 5 ao 20 de xuño

3 Xuñ 2024 | Cultura, Lecer

A música de vangarda dos séculos XX e XXI leva Santiago de Compostela cunha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea, do 5 ao 20 de xuño. Baixo o lema de ‘Caleidoscopio’, ofrecerán unha proposta artística moderna e variada con sete concertos e un espectáculo de danza en directo.

O Auditorio de Galicia, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e o Teatro Principal serán as sedes do evento, no que participarán a Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), o Ensemble Liberdade, a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela e a compañía de danza Lookatthingsdifferent.

Santiago, punto de encontro da JONDE

A Joven Orquesta Nacional de España elixiu un ano máis á capital galega para acoller o seu encontro anual, do 31 de maio ao 4 de xuño. Así, a JONDE converterá o Auditorio de Galicia no centro da súa actividade artística e educativa, enfocada no estudo e preparación do repertorio sinfónico e de cámara. Durante este tempo, prepararán dous recitais, dirixidos polo conxunto alemán Ensemble Modern e baixo a dirección de Pablo Rus, que se presentarán en concerto os días 5 e 9 de xuño ás 20:30 h.

Tamén traballarán en tres proxectos de cámara baixo a tutela do Trío Arbós e o clarinetista Joan Enric Lluna, que se ofrecerán os días 6, 7 e 8 de xuño ás 20:30 horas.

Esta programación incluirá unha importante mostra da creación musical contemporánea dos últimos anos do século XX e dos primeiros do XXI. Nestes cinco concertos representaranse un total de 22 obras, entre elas 6 estreas.

Todas estas actuacións serán gratuítas ata completar aforo.

Un caleidoscopio de son vangardista

Así mesmo, o Ensemble Liberdade participará nas Xornadas de Música Contemporánea. A formación guerrilleira da Orquestra Galega de Liberdade ofrecerá un concerto o mércores 12 de xuño ás 20:30 horas no CGAC.

O martes 18 de xuño, tamén ás 20:30 horas, pero no Teatro Principal, a compañía de danza Lookatthingsdifferent presenta SOMOS, unha obra á vez delicada e moi esixente fisicamente que busca esvaer roles e estereotipos de xénero ao son da música orixinal de Nico Casal.

A Banda Municipal de Música de Santiago porá o broche de ouro a estas xornadas. O último concerto da edición terá lugar o xoves 20 de xuño ás 20 horas no Teatro Principal e a entrada será gratuíta.

Podes consultar o programa completo na seguinte ligazón.

0 comentarios

Enviar comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Gif Amo Compostela
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.