O Festigal 2024 desvela o seu cartel de artistas para as festas do Apóstolo

2 Xul 2024 | Cultura, Lecer

O Festigal 2024, o festival de música popular de Santiago de Compostela, deu a coñecer os artistas que animarán a capital galega os días 24 e 25 de xullo durante as festas do Apóstolo.

O evento está promovido por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre xunto cos membros das bandas participantes e busca promover a música e a cultura de Galicia.

Esta nova edición conta cun variado cartel no que aparecen nomes coñecidos do panorama musical galego xunto a outros artistas emerxentes. Unha das novidades deste ano é o cambio de localización do evento, que se celebrará no campo de hóckey do Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela.

Na noite do 24 de xullo actuarán Filloas, De Ninghures, Mondra e Rebeliom do Inframundo, a partir das 21:45 horas. O 25 de xullo, ás 18 horas, será a quenda de Donicelas, PAVA – Lucía Aldao e DJ Misa. Ademais, haberá un completo programa para poñer en valor iniciativas artísticas e culturais.

Outro dos cambios do Festigal é a ampliación da súa oferta gastronómica situada na zona da Carballeira de San Lourenzo. Estará dispoñible desde a noite do 24 de xullo ata o peche do festival o 25 de xullo.

Ademais, como en edicións anteriores, o evento contará cunha zona de acampada para aqueles que desexen pernoctar en Santiago. Cada campista recibirá unha tarxeta personalizada logo dun ingreso de catro euros, sendo necesario inscribirse previamente a través do formulario dispoñible na web do festival.

 

Mira esta publicación en Instagram

 

Unha publicación compartida por Festigal (@ofestigal)

0 comentarios

Enviar comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Gif Amo Compostela