A Colexiata de Santa María do Sar de Santiago de Compostela acollerá os días 13 e 14 de xullo o festival Folk na Beira do Sar. O evento, que se enmarca dentro das Xornadas de Cultura e Convivencia no Camiño da Prata Folk na Beira do Sar, contará con actividades culturais, gastronómicas e actuacións musicais para gozar da música folk.
Sábado 13 de xullo
O festival arrincará ás 11:30 horas coa exposición fotográfica ‘A Ras do Sar’, seguida da actuación do trío Slimak. Ás 12:30 horas terá lugar unha degustación de queixos e viños na horta da Colexiata. Ao mesmo tempo haberá unha animación para os máis pequenos.
Seguirá unha sesión vermú, ás 14 horas, amenizada por Os Intrépidos da Ulla. Ás 18 horas comezará o Festival de Música e Baile Tradicional coa Agrupación Folclórica Colexiata do Sar e, de novo, Os Intrépidos da Ulla. Seguirá ás 20 horas un concerto folk, a cargo de Kercuez e Alvariza.
Domingo 14 de xullo
A segunda xornada de Folk na Beira do Sar comezará cun concerto da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela e a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar ás 13 horas.
O broche final do evento será Carlos Núñez coa súa actuación, na que presentará o seu novo disco ‘Celtic Sea’, ás 20:30 horas.
Mira esta publicación en Instagram
Un verán para todos os galegos
O festival Folk na Beira do Sar forma parte da campaña CulturON da Xunta de Galicia. O seu obxectivo é crear unha ampla oferta cultural no verán que se estenda por todo o territorio, para que todos poidan gozar destas actividades desde onde vivan.
0 comentarios