Museo de San Martiño Pinario

San Martiño Pinario foi o máis influente dos mosteiros beneditinos de Galicia e o segundo máis grande de todo o Estado, xunto co Escorial . O inmoble está situado na Praza da Inmaculada, a poucos metros da fachada Acibecharía da Catedral de Santiago de Compostela e, entre outros, alberga un importante museo .

A construción iniciouse no último terzo do século XVI e a obra foise prolongando no tempo, ata a súa conclusión definitiva a finais do século XVIII. Na actualidade, alberga a sede do Seminario Maior da Arquidiocese de Santiago , do Instituto Teolóxico de Compostela e da Escola Universitaria de Traballo Social, entre outras entidades.

Por outra banda, parte das súas instalacións son utilizadas como residencia universitaria e diferentes dependencias administrativas relacionadas coa Igrexa, ademais da hostalería, o que dá unha imaxe do enfoque multidisciplinar que impera neste monumento.

Xunto a todos estes usos de gran relevancia, o conxunto arquitectónico de San Martiño Pinario destaca polo seu uso expositivo que, unha vez máis, é fiel reflexo da variedade de ámbitos que aborda a institución.

O edificio histórico , recentemente restaurado, foi reordenado dende o punto de vista museístico e alberga unha importante colección de obras de arte xunto a outras de gran valor científico e social.

Os visitantes poden facer un percorrido pola antiga igrexa monástica, coñecida polo seu baldaquín e os seus postos de coro. Tamén inclúe diferentes espazos nos que se expoñen pezas de arte sacra, ou dos gabinetes de física e química.

Nas distintas salas pódense contemplar as súas valiosas coleccións de arte pictórica , escultura, ourivería e restos arqueolóxicos.

Entre os grandes atractivos da actividade do Museo destacan as mostras dedicadas a elementos de carácter etnográfico , como obxectos que evocan as rutinas cotiás dos monxes, a imprenta, a boticaria ou o antigo gabinete de historia natural.

O horario de visita é de 10:00 a 20:00 horas todos os días, excepto os martes, que abre de 10:00 a 15:00 horas. Tamén existe a posibilidade de realizar visitas guiadas, que teñen lugar ás 11:00 horas, 12:30 horas, 16:00 horas e 17:30 horas.

Horario:

Todos os días de 10:00 a 20:00 horas agás os martes, que está aberto de 10:00 a 15:00 horas.

Localización:

Praza da Inmaculada

Prezo:

Tarifa normal: 5€ Tarifa reducida (estudantes, peregrinos e maiores de 65 anos): 4€

Google Maps:

Ver mapa

Presente

Que facer este abril en Santiago

Que facer este abril en Santiago

Xa está aquí abril, un mes perfecto para gozar da primavera e da ampla oferta cultural de Compostela. Coma sempre, preparamos unha lista de eventos para que saibades que facer en Santiago este mes de abril.

Leer máis
Desconto gif I Love Compostela
Desconto gif I Love Compostela

museos

parques

igrexas

de interese

Gastronomía

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.