Levántase o telón en Santiago co Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

6 Set 2024 | Cultura

Santiago de Compostela será este mes de setembro o escenario do XXIII Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán , unha cita consolidada que promove a cultura e a lingua galegas. Terá lugar do 7 ao 27 de setembro e será totalmente gratuíto.

O evento está organizado pola Federación Galega de Afectados de Teatro (FEGATEA) en colaboración co Concello de Santiago, a Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e o Centro Dramático Galego.

Durante o festival, seis compañías de teatro afeccionado presentarán as súas obras en tres espazos emblemáticos da cidade: o Teatro Principal, a Sala Magán do centro sociocultural de Santa Marta e o Salón Teatro. As compañías participantes son Disfunción Continua, Ditea, Porta Aberta, Gargallada Teatro, Teatro Antas de Ulla e Teatro Pesadelo.

Un dos obxectivos do festival é achegar esta arte a novos públicos que non están tan afeitos a consumila. Ademais, homenaxea a Agustín Magán, figura fundamental do teatro afeccionado galego.

Podes consultar a programación na seguinte ligazón.

Cartel Festival de Teatro Aficionado Agustín Magán

0 comentarios

Enviar comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Gif Amo Compostela
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.