Guía de restaurantes aptos para celíacos en Santiago

25 Mar 2024 | Gastronomía

Santiago de Compostela é unha cidade que conta cunha gran oferta gastronómica . Non obstante, se es intolerante ao glute , atopar un establecemento que teña opcións seguras pode resultar complicado . Por iso elaboramos unha guía de restaurantes aptos para celíacos de Santiago para que saiades comer sen problemas .

A capital galega goza dunha boa posición en Galicia en canto á gastronomía sen glute . De feito, é a cidade da comunidade autónoma con maior número de comercios certificados pola Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) .

Esta entidade entrega o seu distintivo ‘ Restauración Galega Sen Glute ‘ a aqueles lugares que apostan pola seguridade e a tranquilidade das persoas celíacas . O seu proceso de selección consiste nunha supervisión que inclúe o estudo do menú, a comprobación de que o persoal está ben formado e a revisión das instalacións para ver como se prepara a comida.

Así, ao longo dos anos, ACEGA fixo unha lista completa e detallada de todas as tendas que ofrecen produtos axeitados. E nela, Compostela conta con 42 establecementos recoñecidos pola asociación .

Le Coq Gastro Cafe

O restaurante Le Coq Gastro Café , situado no número 26 da rúa Santiago de Chile, está especializado en pratos de carne de polo . Conta cunha ampla carta exclusiva de produtos sen glute, desde hamburguesas e arepas, ata nachos e sobremesas.

Ademais, os seus prezos son accesibles para todos os orzamentos.

 

Mira esta publicación en Instagram

 

Unha publicación compartida por Le Coq Santiago (@lecoqsantiago)

Restaurante Petiscos

Este establecemento, situado no número 7 da rúa Aller Ulloa, conta cunha carta na que o 99% dos seus pratos son sen glute , salvo un par de excepcións. Eles elaboran o seu propio pan para que o poidan comer todos os seus clientes, independentemente das súas alerxias e intolerancias.

Ofrece racións, ovos revoltos, carnes, peixes e sobremesas . Unha gran variedade e boa relación calidade-prezo.

Bresca

Bresca é un restaurante italiano situado no corazón de Santiago . Nel serven alimentos propios deste tipo de cociña, pero con opcións para celíacos nas súas pastas e pizzas .

Un lugar perfecto se es fan das delicias italianas.

Entre Pedras

Entre Pedras é un local de comida vegana situado na rúa Hospitaliño, número 7. Foi un dos primeiros restaurantes en ofrecer este tipo de comida en Compostela e ofrece unha cociña variada , como quesadillas, tostadas, hamburguesas, bocadillos…

Dentro da súa carta indican todos os pratos que poden adaptar para o consumo de persoas intolerantes á proteína do trigo.

Esta é unha opción saudable e perfecta se es vegano ou vexetariano .

Bar A Coruña

Este local serve comida típica galega , pero axusta para o goce dos celíacos . Bar Coruña está situado na Rúa Raíña, número 17, e entre a súa carta pódense atopar bocadillos, tapas e outros pratos. Todo por un prezo accesible.

Se queres degustar comida tradicional da comunidade autónoma, este é o teu lugar.

Liam Brunch

Liam Brunch é un local que, como o seu nome indica, ofrece xantares , almorzos e merendas con alternativas para celíacos .

Teñen opcións salgadas e doces, como brownies, filloas, bolos, tostadas, revoltos… Toda unha selección para pasar un bo momento acompañados dos teus seres queridos.

Tamén contan cunha ampla carta de bebidas, batidos e cafés especiais para darlle un toque doce ao teu día.

Riquiñas

Este establecemento está especializado en ofrecer un produto típico da gastronomía galega que non podes perder: as filloas .

En Riquiñas teñen moitas combinacións de diferentes sabores , que adaptan neste momento para persoas intolerantes ao glute. De feito, prestan moita atención á contaminación cruzada e informan detalladamente aos seus clientes sobre todas as mesturas que poden elaborar.

Dolche Café Santiago

O Dolche Café Santiago é unha cafetería con encanto que serve sobremesas e petiscos sen glute a un bo prezo .

Nel, podes tomar un café e acompañalo cunha das súas tortas ou brownies preparados para os intolerantes á proteína do trigo.

0 comentarios

Enviar comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Gif Amo Compostela