Atardecer no Gaiás pecha o seu ciclo musical ao grande

29 Ago 2023 | Cultura, Lecer

Atardecer no Gaiás , o ciclo de concertos ao aire libre que deixou pegada no verán compostelán, chega ao seu fin este xoves 31 de agosto . O escenario do Gaiás Center encherase de música en directo coa actuación da cantante Natalia Lacunza .

A programación para a edición deste ano foi unha vibrante mestura de xéneros e estilos . Foi pensado para satisfacer todos os gustos para que os cidadáns e visitantes da cidade puidesen achegarse á Cidade da Cultura e gozar do espectáculo.

No mes de xullo puidemos observar grandes artistas do panorama musical , como Juancho Marqués , Biznaga, Madalena Gamalho ou Jéssica Pina. O mes de agosto estivo á altura e seguiu cos solpores ao grande para despedir o verán, coa música urbana de Bejo ou o ritmo de Lontreira, unha das promesas do panorama musical galego.

O festival non coñece fronteiras e esta edición contou con numerosos artistas internacionais. Un deles é Ben L’Oncle Soul , que achegará ao recinto os ritmos irresistibles do soul contemporáneo. El será o encargado de pechar este ciclo xunto coa española Natalia Lacunza , os días 30 e 31, respectivamente.

Atardecer no Gaiás , un ano máis, convértese nun evento que se centra en bandas galegas emerxentes e artistas emerxentes, cun cartel diferente pero atractivo para todos.

Os últimos concertos celebraranse ás 21:00 horas na Praza Central da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e son totalmente gratuítos. Se tes curiosidade, podes vir disfrutar deste gran espectáculo antes de que remate.

0 comentarios

Enviar comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Gif Amo Compostela
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.