As compras serán unha celebración con Prima 24, a festa do comercio local

13 Xuñ 2024 | Compras, Lecer

As rúas de Compostela encheranse de música, pasacalles, animación infantil e moitos agasallos no marco de ‘Prima 24’, a festa do comercio local que terá lugar os días 14 e 15 de xuño.

O evento volve cunha cuarta edición coa que quere poñer en valor os establecementos da cidade e convidar aos seus asistentes a consumir alí. Conta cunha ampla programación que abarcará distintos espazos de Santiago.

A festa do comercio local arrancará o venres 14 con varios desfiles. O da zona vella correrá a cargo da banda Tanto nos ten, mentres que Pulpiño Viascón dinamizará Conxo e Pontepedriña co seu espectáculo. Na zona de Concheiros e San Pedro estará Troula Animación co seu espectáculo O’ estraño caso do dentista na rúa Blasov’. Por outra banda, na Praza Roxa celebrarase ‘Prima pequena‘, unha festa infantil con maxia e música que contará coas actuacións de Mamá Cabra, Joshua Kenneth e Pakolas.

O sábado día 15 chega ‘Prima 24’ cunha chea de opcións para todos os gustos. Na praza de Cervantes haberá unha exposición dos mestres artesáns de Ourives de Compostela, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. O Trío Detrés amenizará a Praza Roxa co seu espectáculo ‘+Ritmo’ a partir das 12 horas.

A axenda desta xornada tamén incluirá senllos desfiles pola zona vella e a ampliación da cidade. A primeira será pola mañá, coas acrobacias e malabares da compañía Tótem; e a segunda, pola tarde, co repertorio de jazz dos Dixie Kings.

Por último, a praza de Feixóo será escenario de dous concertos: a partir das 13 horas a cargo de Ukestra do Medio e ás 20 horas de Anxo Araújo. En caso de choiva, estes concertos trasladaranse á praza de Mazarelos.

Tenda local en Santiago de Compostela, Tenda de María

Cristina, propietaria de ‘La Tienda de María’ no Ensanche de Compostela.

Agasallos e premios por apoiar o local

Como edicións anteriores,Prima 24 chega coa súa tradicional ruleta de premios ‘Eu mercohere’, que se instalará o venres pola tarde na Praza Roxa e o sábado na Praza do Toural. Nela poderán facerse con diferentes premios todos aqueles que presenten un ticket de compra superior a 5€, realizado nunha tenda de Santiago entre o 10 e o 15 de xuño. Cada participación dá dereito a unha rolda.

Podes consultar o programa completo premendo aquí.

 

Cartel Prima 24

0 comentarios

Enviar comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Gif Amo Compostela
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.