Santiago de Compostela será o escenario o 27 de xullo do Santiago Urban Fest, un evento dedicado á música urbana pioneira en Galicia. Terá lugar na praza da Roxa, de 15 a 23 horas, e participarán unha trintena de artistas.
Este festival, organizado polo Concello de Santiago en colaboración coa asociación Gallos del Norte, quere darlle protagonismo a un xénero musical consolidado a nivel internacional e do que hai moito talento en Galicia.
Deste xeito, preténdese poñer en valor aos artistas emerxentes que non teñen espazo noutro tipo de eventos para que poidan actuar ante os habitantes de Santiago.
O cartel do Santiago Urban Fest está formado por trinta nomes diferentes, entre os que hai tanto caras novas como outras que teñen unha grande experiencia. Os encargados de abrir o evento serán Claudino e Meiga Escarlata e DJ Affair, e despois Le33, Kue, O Pirata, Gapcloser, Was, Ibán, Shawn Frost, Kroser00, GFR, MKP, Entre Líneas, Gufi, Pauliti, Xosé. Maseda actuarán , Sara OG, Daya, Sozat, Ser & Lima, Calles, Misokatos, Lidia Chao, Marck e Sibe.
O Santiago Urban Fest complementarase con outras actividades, como un espectáculo de beatbox, unha actuación de hip hop e unha sesión de música urbana con Rey DJ. Así mesmo, Gallos del Norte ofrecerá unha performance de GN Social, a súa proposta pioneira dentro da arte urbana na que traballan con persoas con necesidades especiais e en risco de exclusión social.
Mira esta publicación en Instagram
0 comentarios