O Festival Amal regresa do 23 ao 28 de outubro a Santiago de Compostela

23 Out 2023 | Cultura

O Festival de Cine Euroárabe Amal regresa a Santiago de Compostela coa súa vixésimo primeira edición do 23 ao 28 de outubro no Teatro Principal . Este ano chega co lema de “Ninguén está a salvo” e cinco filmes cos que reflectir a diversidade e a situación do mundo árabe actual con películas que representan unha viaxe cultural por Exipto, Siria, Palestina, Tunisia e Marrocos.

O cartel deste ano inclúe unha sombría imaxe negra, que rende homenaxe ás vítimas do terremoto marroquí e das inundacións en Libia. Ademais, durante a presentación do evento, o director do festival, Ghaleb Jaber Martínez , mostrou a súa solidariedade co pobo de seu pai, Palestina , e condenou os asasinatos a ambos lados do conflito .

E, precisamente, a inauguración do luns día 23 xirará arredor deste tema cunha charla coloquio sobre Palestina , na que participará Jesús Núñez , patrón da Fundación Araguaney e codirector do Instituto de Estudos de Conflitos e Acción Humanitaria . Nela, recontextualizarán o que está a suceder e haberá entrada libre.

O martes 24 proxectarase ‘Conspiración no Cairo’, dirixida por Tarik Saleh . O mércores , será a quenda de ‘Entre as figueiras’ , de Eirge Sehiri, premiada en Cannes. O xoves presentarase a película siria ‘The Sake’ , dirixida por Basil Alkahbit, e o venres chegará o documental ‘Little Palestine , diary of a siege’ , dirixido por Abadallah Al-Khatib. A clausura terá lugar o sábado 28 coa película ‘The Blue Caftan’ , dirixida por Maryam Touzani.

O Festival Amal non é só un evento cinematográfico, é un encontro de culturas que abre a fiestra ao intercambio de ideas, a empatía e a comprensión. Ghaleb Jaber Martínez sinalou que é fundamental recoñecer e comprender a dor dos demais para evitar que se converta en rabia destrutiva. Por iso, esta semana do cine é unha oportunidade perfecta para que a xente vexa proxeccións difíciles de atopar no circuíto comercial.

Este evento está organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas e conta co apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago . Algo que agradeceu Ghaleb Jaber Martínez, destacando a importancia dun festival que considera “tan necesario” no panorama actual.

O Festival Amal preséntase como unha oportunidade ideal para coñecer a riqueza cultural e cinematográfica do mundo árabe, ao tempo que se promove a solidariedade e o entendemento no contexto actual marcado polas guerras e as catástrofes naturais. Por iso, se che interesa coñecer as historias que ofrece, non dubides en acudir ao Teatro Principal.

0 comentarios

Enviar comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Gif Amo Compostela
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.