O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) depende da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e nace co obxectivo de recuperar, protexer, exhibir e difundir o patrimonio educativo de Galicia .
A súa creación supón a materialización dun proxecto histórico que se remonta a 1926 cunha visión moi concreta: o impulso dun centro museístico galego, especializado en materia educativa, para dar a coñecer a traxectoria desta disciplina ao longo das distintas etapas que viviron no territorio. .
Deste xeito, a Xunta de Galicia retomou a idea inicial e puxo en marcha un novo plan para levar a cabo este centro expositivo e etnográfico. Así, no ano 2000 comeza o proxecto do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), que foi inaugurado en outubro de 2004 polo entón presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne .
Estruturada en tres plantas, a visita ao edificio ofrece unha retrospectiva na que se reflicte a evolución da escola galega ao longo do tempo . Poderanse ver recreacións de aulas do século XIX, curiosos obxectos escolares ou xoguetes empregados polos nenos e nenas de cada época.
A exposición permanente do centro distribúese por un espazo de 1.200 metros cadrados dos 3.500 que abarca o edificio.
A planta baixa conta cunha biblioteca auxiliar e servizos de consulta bibliográfica, de prensa e publicacións diversas, así como de música e videoteca, unha sala para persoal investigador e un salón de actos con capacidade para 112 persoas, que adoita acoller actos institucionais relacionados con materia. .
O primeiro andar inclúe cinco apartados dedicados aos xogos e xoguetes, á administración educativa, aos centros educativos máis aló do mar, ao sistema educativo e a unha zona de exposicións temporais.
Por último, a segunda planta ofrece espazos dedicados ás distintas aulas ao longo do tempo, con exemplos que se remontan á restauración borbónica, á II República ou ao franquismo; outro adicado á Educación Especial; a Rede Mupega; e á educación secundaria e profesional.