Museo de Maxia Kiko Pastur

O Museo da Maxia Kiko Pastur é un dos espazos museísticos máis particulares de Santiago de Compostela e practicamente o único deste tipo en toda Galicia.

Foi fundada polo propio Kiko Pastur, unha figura cunha traxectoria de 20 anos de experiencia como intérprete, divulgador e docente.

O obxectivo é dar a coñecer esta disciplina dunha forma interactiva e lúdica, funcionando como punto de encontro entre profesionais e afeccionados á maxia en Galicia.

Moi preto da Catedral e no centro histórico da cidade, o museo está situado fronte á igrexa de San Martiño Pinario, nunha zona famosa polos seus albergues, establecementos de restauración e cun importante fluxo de turistas.

O Museo da Maxia mantén unha exposición permanente e interactiva de ilusións ópticas, pezas históricas e trebellos relacionados con esta disciplina. Así mesmo, os visitantes que accedan ao inmoble poderán gozar de demostracións en directo e actuacións de auténticos profesionais do ilusionismo.

O recinto alberga reproducións dalgúns dos números máis famosos da historia da maxia, como o escapismo de Houdini nun depósito de auga, así como unha serie de obxectos relacionados con este eido cos que os visitantes poden interactuar.

A entrada ofrécese en formato de visita guiada duns 45 minutos, dispoñible en diferentes quendas ao longo do día e a propia páxina web do museo conta cun servizo de reserva en liña.

Estes roteiros guiados realízanse tanto en galego como en castelán e inglés e están adaptados a todo tipo de públicos.

O museo tamén conta cunha tenda de agasallos máxicos, libros, artigos de iniciación á maxia e a oferta de actividades ofrece un programa de espectáculos, cursos de formación e conferencias.

Para gozar desta peculiar instalación, o prezo por visita guiada ascende a 5 euros. O horario de visita é de martes a domingo entre as 11:00 e as 13:45 e as 17:00 e as 20:45 horas.

Horario:

De martes a domingo de 11:00 a 13:45 e de 17:00 a 20:45 h.

Localización:

Rúa da Fonte de San Miguel

Prezo:

Google Maps:

Ver mapa

Presente

Que facer en decembro en Santiago de Compostela

Que facer en decembro en Santiago de Compostela

O último mes do ano está sempre cargado de festas e celebracións de Nadal. É unha época chea de plans e eventos para gozar ao máximo. Aquí tes unha lista de cousas para que saibas que facer en decembro en Santiago de Compostela.

Leer máis
Que facer este novembro en Compostela

Que facer este novembro en Compostela

Despedímonos do Samaín e preparámonos para a chegada do Nadal. Mais, aínda que poida parecer un mes de transición, este mes tamén ten moito que ofrecer para que poidas gozar do teu tempo en Santiago. Contámosche que facer este novembro en Compostela.

Leer máis
Desconto gif I Love Compostela
Desconto gif I Love Compostela

museos

parques

igrexas

de interese

Gastronomía

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.