Igrexa de San Miguel dos Agros

A Igrexa de San Miguel dos Agros está situada nas inmediacións do Mosteiro de San Martiño Pinario , concretamente na Praza de San Miguel.

O edificio foi construído sobre un templo da época do arcebispo Xelmírez , do século XII, e os rexistros destacan o fervor dos seus fregueses polas lendas e historias do Camiño de Santiago.

De estilo neoclásico , a igrexa foi construída a finais do século XVIII e rematada en 1823 . A fachada, pola súa banda, é obra de Melchor de Prado e Mariño .

No que respecta á estrutura do edificio, ten planta rectangular, con muros de cachotería de granito e cuberta de tella.

As características da fachada inclúen os elementos típicos do estilo clasicista e que están presentes na maioría dos edificios neoclásicos da zona vella da cidade .

Deste xeito, conta con catro pilastras estriadas de orde xónica que sosteñen un entaboamento e que enmarcan a fachada presidida por un gran óculo, un frontón triangular e dúas pequenas torres laterais a modo de campanario.

No seu interior pódese ver a Capela das Dores ou ‘Capela dos Fusilados’, onde rezaban os condenados a morte por aforca e onde se depositaban os seus cadáveres antes do enterro.

A pesar de que o edificio non destaca polo seu especial valor artístico, fronte a outros templos de similar corte presentes na cidade, a Igrexa de San Miguel dos Agros conserva algúns elementos de gran interese patrimonial.

Unha delas é unha lápida do século XIV, atopada no muro da primeira capela deste templo santiagués. A lápida está datada no ano 1374 e alude á fundación da capela de San Isidro por Domingo Eanes e a súa muller, María Fernández.

Destaca tamén a capela de estilo gótico, xunto á citada, e que destaca pola súa predominante bóveda de crucería. A pesar de non contar con horario de visita ao público, a Igrexa de San Miguel dos Arcos está aberta ao culto regular con rosario, todos os días da semana.

Data de creación:

1823

Localización:

Rúa de San Miguel dos Agros, 3

Horario de misa:

De luns a venres ás 18:30 h Sábado ás 19:30h Domingos e festivos ás 11:00 h

Google Maps:

Ver mapa

Presente

Que facer este abril en Santiago

Que facer este abril en Santiago

Xa está aquí abril, un mes perfecto para gozar da primavera e da ampla oferta cultural de Compostela. Coma sempre, preparamos unha lista de eventos para que saibades que facer en Santiago este mes de abril.

Leer máis
Desconto gif I Love Compostela
Desconto gif I Love Compostela

museos

parques

igrexas

de interese

Gastronomía

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.