Estación de autobuses – Intermodal

A estación de autobuses de Santiago de Compostela é un dos principais eixos de transporte da cidade, tanto para os viaxeiros como para os habitantes, que se desprazan entre distintas zonas e comarcas. Xunto co tren, forma a estación intermodal.

A súa historia é curta, xa que o edificio é relativamente recente e foi inaugurado en 2021. Conta cunha infraestrutura moderna e foi financiado pola Xunta de Galicia. Ten dúas plantas e foi deseñada para proporcionar comodidade e eficiencia aos pasaxeiros.

A planta baixa alberga 29 dársenas para autobuses interurbanos e metropolitanos, carrís de circulación e zonas de manobra de vehículos, mentres que a planta superior está destinada a atención ao público, aseos e unha ampla cafetería na que descansar.

Unha das características destacadas desta estación é a súa accesibilidade. As instalacións están totalmente adaptadas para persoas con mobilidade reducida ou problemas de visión, con sinalización electrónica. Ademais, habilitáronse servizos e outras instalacións que garanten unha experiencia cómoda para todos os seus visitantes.

Outro elemento importante é a pasarela peonil que comunica o edificio coa rúa do Hórreo e que é clave para facilitar a conexión entre a estación de autobuses e a estación de tren en poucos minutos. Concibiuse como parte da arquitectura urbana para conseguir unha maior integración no medio. Actualmente estase a traballar para ampliar este acceso.

Localización:

Rúa Clara Campoamor

Google Maps:

Ver mapa

Presente

Que facer en decembro en Santiago de Compostela

Que facer en decembro en Santiago de Compostela

O último mes do ano está sempre cargado de festas e celebracións de Nadal. É unha época chea de plans e eventos para gozar ao máximo. Aquí tes unha lista de cousas para que saibas que facer en decembro en Santiago de Compostela.

Leer máis
Que facer este novembro en Compostela

Que facer este novembro en Compostela

Despedímonos do Samaín e preparámonos para a chegada do Nadal. Mais, aínda que poida parecer un mes de transición, este mes tamén ten moito que ofrecer para que poidas gozar do teu tempo en Santiago. Contámosche que facer este novembro en Compostela.

Leer máis
Desconto gif I Love Compostela
Desconto gif I Love Compostela

museos

parques

igrexas

de interese

Gastronomía

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.