CINEMAS NUMAX

Na cidade de Santiago de Compostela hai varios cines nos que se pode gozar de películas actuais e dunha experiencia cinematográfica. As máis destacadas son NUMAX, Cinesa As Cancelas e Multicines Compostela.

NUMAX é un espazo cultural situado na Rúa de Concepción Arenal, preto da Praza de Galicia e do centro urbano. Máis que un cine, é toda unha experiencia que combina as salas cunha libraría, un laboratorio de deseño, comunicación e produción.

Trátase dunha cooperativa de traballo sen ánimo de lucro na que traballan persoas que queren difundir a cultura e xuntáronse para colaborar neste traballo.

O cine NUMAX está totalmente apartado do circuíto comercial ao que nos teñen afeitos outras salas, como Cinesa. A súa programación está composta por documentais, curtas, películas independentes e de autor, tanto de España como doutros países como Francia, Xapón ou Corea. Ademais, realiza diversos actos e actividades relacionadas co sétimo arte.

NUMAX é unha das paradas imprescindibles que debe facer calquera amante do cine no seu paso por Santiago de Compostela.

Localización:

Rúa de Concepción Arenal, 9

Google Maps:

Ver mapa

Presente

Que facer en decembro en Santiago de Compostela

Que facer en decembro en Santiago de Compostela

O último mes do ano está sempre cargado de festas e celebracións de Nadal. É unha época chea de plans e eventos para gozar ao máximo. Aquí tes unha lista de cousas para que saibas que facer en decembro en Santiago de Compostela.

Leer máis
Que facer este novembro en Compostela

Que facer este novembro en Compostela

Despedímonos do Samaín e preparámonos para a chegada do Nadal. Mais, aínda que poida parecer un mes de transición, este mes tamén ten moito que ofrecer para que poidas gozar do teu tempo en Santiago. Contámosche que facer este novembro en Compostela.

Leer máis
Desconto gif I Love Compostela
Desconto gif I Love Compostela

museos

parques

igrexas

de interese

Gastronomía

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.