Casa de la Troya

O Museo Casa de la Troya é un emprazamento único en todo o territorio que se sitúa no Centro Histórico da cidade de Compostela, moi preto da Catedral de Santiago.

A singularidade da iniciativa reside na súa proposta: é un edificio que recrea unha pensión estudantil e a vida universitaria na Santiago de finais do século XIX.

Este ambiente foi inmortalizado por Alejandro Pérez Lugín na novela ‘La Casa de la Troya’, obra publicada en 1915 e unha das máis lidas da literatura española.

O texto foi recoñecido co premio Fastenrath da Real Academia Española e foi todo un éxito de vendas, xa que en poucos anos chegou ás cen edicións. A través desta obra, o autor relata e condensa as súas lembranzas das experiencias estudantís durante os seus anos de residencia en Santiago de Compostela.

Así, o museo representa un retrato fidedigno da pensión descrita na novela e dirixida por ‘Doña Generosa’. O edificio, orixinario do século XVIII, presenta unha decoración moi representativa da época. De feito, a vivenda orixinal foi completamente baleirada para tentar recrear o ambiente e a distribución dos pisos fielmente ao período no que se desenvolve a novela.

A Casa-Museo, tal e como a coñecemos, abriu as súas portas o 27 de febreiro de 1993, promovida pola figura de Benigno Amor Rodríguez, principal impulsor da proposta. Estrutúrase en tres plantas e faiado, aínda que dende a entrada se divide en dúas zonas moi diferenciadas: a casa e as cuadras.

Entre as súas salas, destaca a denominada ‘sala do respecto’, con lembranzas do autor da novela, ou o comedor, onde se exhiben numerosas imaxes e obxectos relacionados cos personaxes da obra de Pérez Lugín. O conxunto complétase cos dormitorios do segundo andar, o faiado coa cociña e o cuarto da dona.

Horario:

Primavera - Verán: de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.

Localización:

Rúa da Troia, 5

Prezo:

Entrada xeral: 2,50 € Estudantes e xubilados: 1,50 € Grupos e peregrinos: 1€

Google Maps:

Ver mapa

Presente

Que facer en decembro en Santiago de Compostela

Que facer en decembro en Santiago de Compostela

O último mes do ano está sempre cargado de festas e celebracións de Nadal. É unha época chea de plans e eventos para gozar ao máximo. Aquí tes unha lista de cousas para que saibas que facer en decembro en Santiago de Compostela.

Leer máis
Que facer este novembro en Compostela

Que facer este novembro en Compostela

Despedímonos do Samaín e preparámonos para a chegada do Nadal. Mais, aínda que poida parecer un mes de transición, este mes tamén ten moito que ofrecer para que poidas gozar do teu tempo en Santiago. Contámosche que facer este novembro en Compostela.

Leer máis
Desconto gif I Love Compostela
Desconto gif I Love Compostela

museos

parques

igrexas

de interese

Gastronomía

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.