A Rede Galega de Teatros e Auditorios trae 11 novas funcións a Santiago de Compostela

2 Feb 2024 | Cultura

Santiago de Compostela aposta polo teatro e a danza . A Rede Galega de Teatros e Auditorios prepárase para deleitar ao público compostelán cunha oferta de 11 espectáculos de artes escénicas durante o primeiro semestre do ano.

O circuíto, que conta co apoio da Xunta de Galicia e de 41 entidades municipais , organizará máis de 350 espectáculos de teatro, danza e música en distintos espazos de Galicia. No caso de Santiago traerá nove espectáculos de cinco propostas teatrais e dúas de danza .

A apertura da carteleira na capital galega levarase a cabo coa adaptación de ‘As exalumnas’ , obra da compañía Culturactiva a partir do texto de Paula Carballeira , gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática 2023 .

A peza, dirixida por Fina Calleja, Anabell Gago e Mónica Camaño, explora a figura da pedagoga galega María Barbeito e o seu impacto na educación durante o franquismo. Poderase ver os días 2 e 3 de febreiro ás 20:30 horas no Teatro Principal.

En marzo tomará o relevo a obra ‘Deadpan Karaoke ‘ de Ibuprofeno Teatro, con dúas funcións os días 7 e 8 ás 20:30 horas e con Patricia Rodríguez como directora. E en abril será a quenda da empresa Estudio Momento con ‘1888. Señorita Xulia‘, unha adaptación do texto do dramaturgo sueco August Strindberg, con Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto á fronte.

O público tamén poderá gozar de ‘ Entrega en man ‘, o último espectáculo de Contraproducións dirixido por Cándido Pazó e baseado nun texto de Martin McDonagh. Estará dispoñible os días 26 e 27 de abril.

Actuacións para celebrar a arte da danza

Para conmemorar o Día Internacional da Danza , a carteleira de Santiago de Compostela presentará ao seu público dúas actuacións especiais . O primeiro será ‘ Berro ‘, unha peza que celebra o 20 aniversario da Nova Galega de Danza e dirixida pola recoñecida coreógrafa Sharon Fridman . O Auditorio de Galicia será o encargado de acollelo o 28 de abril.

O 3 de maio, o bailarín e coreógrafo Javier Martín exporá a súa peza ‘ O punto impropio ‘ no Teatro Principal.

O broche de ouro á proposta escénica de Red en Compostela seráMade in Galicia ‘, unha adaptación da peza homónima de Sechu Sende e interpretada pola compañía Sarabela Teatro. Terá lugar os días 16 e 17 de maio no Teatro Principal.

0 comentarios

Enviar comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Gif Amo Compostela
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.